SOUTO DA RETORDA (ARBOLES DE CHAVIN)
Coordenadas: 43°36′46.44″N 7°35′36.08″
O (mapa)
Souto da Retorta
Sendeiro no souto.
Marco Legal
Figura de Protección: Monumento natural, Árbore senlleira
Ano de constitución: 2000
Superficie: 3,19 ha.
Lexislación: Decreto 67/2007, do 22 de marzo.
Datos de interese
País: Galicia Galicia
Provincias: Lugo
Concellos: Viveiro
Ríos: río Landro
O Souto da Retorta é un souto declarado árbore senlleira e monumento natural que se atopa na parroquia luguesa de Chavín (Viveiro), na marxe dereita do río Landro e a uns 6 km da capital municipal. Dentro do souto destaca un rodal duns 600 eucaliptos da especie Eucalyptus globulus, algúns deles centenarios e de gran tamaño, ós que debe o sobrenome polo que tamén é coñecido: o eucaliptal de Chavín.
A súa declaración de árbore senlleira foi grazas ás árbores que destacan nel polo seu porte e idade. O eucalipto azul coñecido como O Avó, inda que non é o exemplar máis alto do conxunto arbóreo da Retorta, é o máis sobresaínte polo seu grosor e por ser o máis ancián desta paraxe xa que ten entre 120 e 130 anos. Ademais o espazo presenta, ó longo do curso do río, dúas fervenzas dignas de mención: o Salto do Can e o Pozo da Ferida, este cunha caída en vertical de 30 metros.
Este souto atópase en parte dentro do ZEC Río Landro. O espazo ten unha superficie de 3,19 ha. e caracterízase polo seu clima oceánico húmido, cunhas precipitacións anuais medias de 1.412 mm e unha temperatura media de 13 °C.
Está situado a unha altitude duns 30 metros sobre o nivel do mar.
O Avó de Chavín
Os eucaliptos do Souto da Retorta plantáronse a partir de 1860 para a drenaxe das terras baixas que se anegaban con frecuencia a consecuencia das arroiadas dos regatos tributarios do río Landro. Destacan por alcanzar unha altura considerable, as maiores da península e das maiores de Europa, e entre eles cómpre salientar o Avó de Chavín, de 126 anos, unha altura de 71,4 metros e un perímetro de 7,6 metros.
Non é o exemplar máis alto do eucaliptal pero si o de maior porte.
En 2010 foi nomeado Árbore do ano nos premios Árbol y Bosque del Año organizados pola organización Bosques sin Fronteras e a Fundación Biodiversidade
En 2018 Correos editou un selo con el e a Xunta de Galicia anunciou que perfila un plan de conservación.Aparece no Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza.
|
SOUTO DA RETORDA |
|
SOUTO DA RETORDA |
|
SOUTO DA RETORDA |
|
SOUTO DA RETORDA |
|
SOUTO DA RETORDA |
|
SOUTO DA RETORDA |
|
SOUTO DA RETORDA |
|
SOUTO DA RETORDA |
|
SOUTO DA RETORDA |
|
SOUTO DA RETORDA |
|
SOUTO DA RETORDA |
|
SOUTO DA RETORDA |
|
SOUTO DA RETORDA |
|
SOUTO DA RETORDA |
|
SOUTO DA RETORDA |
|
SOUTO DA RETORDA |
|
SOUTO DA RETORDA |
|
SOUTO DA RETORDA |
|
SOUTO DA RETORDA |
|
SOUTO DA RETORDA |
|
SOUTO DA RETORDA |
|
SOUTO DA RETORDA |
|
SOUTO DA RETORDA |
|
SOUTO DA RETORDA |
|
SOUTO DA RETORDA |
|
SOUTO DA RETORDA |
|
SOUTO DA RETORDA |
|
SOUTO DA RETORDA |
|
SOUTO DA RETORDA |
|
SOUTO DA RETORDA |
|
SOUTO DA RETORDA |
|
SOUTO DA RETORDA |
|
SOUTO DA RETORDA |
|
SOUTO DA RETORDA |
|
SOUTO DA RETORDA |
|
SOUTO DA RETORDA |
|
SOUTO DA RETORDA |
|
SOUTO DA RETORDA |
|
SOUTO DA RETORDA |
|
SOUTO DA RETORDA |
No hay comentarios:
Publicar un comentario