Viveiro E un concello e unha cidade, situada na provincia de Lugo, na comunidade autónoma de Galicia. Ao mesmo tempo, está situado dentro da comarca da Mariña Occidental. Nela tamén se atopa a sede do partido xudicial número 6 da provincia.
O seu termo municipal está situado na rexión costeira da Mariña, ocupando unha superficie de 109,3 km². Este territorio sitúase no val formado polo río Landro, que se estende polo sur dende os pedemontes da Serra do Xistral, e que desemboca ó norte na ría de Viveiro, que é unha das rías pertencentes á rexión das Rías Altas, que desembocan ó mar Cantábrico.
A fundación de Viveiro data da Idade de Ferro, como se pode ver nos numerosos sitios arqueolóxicos de asentamentos celtas. A partir dos séculos XII e XIII, Viveiro comezou a tomar especial relevancia, coa puxanza da vila medieval, da que hoxe aínda se conserva a súa zona vella.
Viveiro dispón dun variado catálogo patrimonial, no que destacan os seus monumentos históricos de tipo civil e relixioso, o seu patrimonio artístico-cultural e o seu patrimonio natural. Así mesmo, as súas diversas festividades de interese turístico atraen a numerosos visitantes a cidade, entre as que destacan a Semana Santa de Viveiro, a Rapa das Bestas de Candaoso e a Romaría do Naseiro, estando as tres consideradas como Festas de Interese Turístico Nacional.
Xeografía
Demografía
Con 15 932 habitantes, segundo o censo do IGE no 2014, Viveiro é o terceiro concello con máis poboación da provincia, por detrás de Lugo e de Monforte de Lemos. O mesmo tempo, é o termo municipal máis poboado da comarca, así como o centro de influencia dos concellos limítrofes. A poboación concentrase en tres núcleos principais: Viveiro, Covas e Celeiro, aínda que o crecemento urbanístico tende a unificación dos tres núcleos.
Censo total 2014 15 932 habitantes
Menores de 15 anos 1933 (12,13 %)
Entre 15 e 64 anos 10 219 (64,14 %)
Maiores de 65 anos 3780 (23,72 %)
Historia
Poboamento orixinario das primeiras tribos que habitaron a franxa noroeste, recibiu o nome de Zoela. Durante a romanización foi empregado como campamento romano e ao final estabeleceuse a actual vila de Vivarium. No medievo foi un centro comercial de mediano tamaño que exportaba liño, viño e laranxas aos mercados dos Países Baixos (liño) e Gran Bretaña (viño e laranxas). Experimentou certa relevancia na Idade Moderna, aínda que o seu desenvolvemento nesa altura foi escaso.
No século XIX afúndese na ría a Fragata Santa María Magdalena, cando intentaba refuxiarse do vento norte no porto desta cidade. Esta traxedia causou unha forte conmoción na poboación, que contribuíu con víveres e roupa ás poucas persoas que sobreviviron. En recordo do sinistro construíuse un monumento ás persoas afogadas na praia de Covas.
Viveiro é centro comercial e de lecer para a xente dos concellos limítrofes. Conta, ademais, cun importante porto pesqueiro situado na vila de Celeiro. Cun total de 90 buques censados, é un dos portos máis importantes de Galiza. Esta frota compóñena embarcacións de baixura-artesanal, cerco, arrastre de litoral, volanta e arrastre do Gran Sol. A especie máis importante tanto por volume como por facturación é a pescada.
Dende o 2004 o cronista oficial de Viveiro é Carlos Nuevo Cal.
Cultura
Toponimia
O nome Viveiro procede do idioma latín, Vivarium. Dende un punto de vista etimolóxico, Vivarium significa un terreo onde se cultivan árbores e plantas ou un lugar onde se manteñen ou se crían dentro da auga peixes, moluscos e outros animais. Co paso dos séculos, este foise transformando en Vivario, Vivairo e Viveiro.
Non obstante, existen algúns historiadores, coma Boulet, que consideran que o nome Viveiro non procede do latín senón das linguas célticas, sendo unha composición das palabras Bi (montaña) e Ber (empinada), teoría esta que se reforza ó estar a localidade na saia de montañas empinadas.[10]
Xentilicio
O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «viveirés», «viveirense» ou «vivariense».
Existen varias formas de referirse os habitantes de Viveiro. A forma vivariense é a forma culta, que procede do latín, Vivarium. A forma oficial é viveirense (no Dicionario da Real Academia Galega). E por último, existe unha terceira forma, viveirés.
Patrimonio
Porta de Carlos V, desde a Ponte da Misericordia
A Porta Maior, Porta de Carlos V ou Porta do Castelo, foi construída no ano 1548 para honrar o rei cando pasou por Viveiro. É de estilo plateresco e foi declarada Monumento Nacional en 1942. Unha inscrición sobre o arco indica que foi construída "Sendo correxedor o licenciado Canosa de Tordesillas"; cadanseu lado da porta ten os escudos da cidade e de Galicia; no corpo superior, un grande escudo do emperador Carlos I, co seu busto no frontón triangular. Dentro do arco, nunha furna, está a imaxe de San Roque, do século XVIII, que estivo na fachada da casa do Correxedor até 1867.
As outras dúas portas aínda existentes son a Porta do Valado, que conserva restos da primitiva muralla, e a Porta da Vila, en cuxo arco se garda unha imaxe de Cristo do século XVIII entre outras dúas da Virxe e San Xoán, do século XVI. A inscrición ERA MCCLV IN TEMPOR AF dá o ano 1217 como probábel para a súa construción.
A ponte da Misericordia, ou Ponte Maior, cruza a ría até Covas. Construíuse entre 1462 e 1544 e recibe o nome pola capela da Misericordia, construción renacentista (s. XVII) que se atopa no extremo oeste. A ponte conserva dez arcos de pedra de cantería de medio punto, con luces de entre 6 e 7,8 m.
Igrexa de San Francisco.
A Praza Maior está presidida polo monumento a Pastor Díaz, recentemente desprazada cara unha esquina.
A igrexa románica de Santa María do Campo (s. XII) ten na portada principal tres pares de columnas co tímpano liso. A torre das campás rematouse no século XVIII e a do reloxo no XIX. No século XV engadíuselle unha capela lateral, no XVI a sancristía e no XVIII a capela do Rosario.
A Igrexa conventual de San Francisco tamén é Monumento Nacional. É gótica (s. XIV mais claustro do XVII). A ábsida ten ventanais altos e estreitos. Na capela gótica de Santo Ildefonso hai un retablo do século XIV. No muro esquerdo da nave atópase o sartego oxival da beata Constanza de Castro.
Etnografía
Festas e celebracións
Semana Santa.
San Roque (Patronais), 15 de agosto.
Romaría do Naseiro (cuarto domingo de agosto).
Festas da Virxe do Carme.
Resurrection Fest, un festival de música extrema centrado no metal, hardcore e punk.
Símbolos
Títulos
Viveiro ostenta a categoría histórica de cidade, cos títulos de «Moi nobre e moi leal» e con tratamento de «Excelencia» para o seu concello. O concello de Viveiro, en sesión do 18 de xuño de 1891, solicitou ó Ministro de Gobernación a concesión do título de cidade e o tratamento de «Excelencia» para o concello, baseando esta súplica:
O 30 de xuño de 1891, a raíña rexente María Cristina de Habsburgo-Lorena, aceptou a petición de título de cidade e o tratamento de Excelencia, por medio dun Real Decreto promulgado na mesma data en Aranjuez, títulos que aínda conserva hoxe en día.
Escudo
Escudo de Viveiro.svg
Artigo principal: Escudo de Viveiro.
O escudo heráldico municipal de Viveiro está composto dos seguintes elementos:
El escudo Vivero trae por armas, en el campo de gules, un puente de plata de cinco arcos, mazonado de sable, sostenido de fajado-ondeado de plata y azur, y sumado de león de oro coronado de lo mismo, y acompañado de cinco custodias de oro, con la sagrada forma de plata, puestas tres en jefe y una en cada flanco. Al timbre, corona real cerrada.
Bandeira
Flag of Viveiro.svg
A bandeira municipal de Viveiro está composta de seis franxas horizontais de igual ancho entre si. As súas cores son o azul e o branco, sendo a primeira franxa da parte superior en cor azul. O seu deseño é igual que no da Provincia marítima de Lugo, xa que séculos antes se coñecía como a Provincia marítima de Viveiro.
|
VIVEIRO 2023 |
|
VIVEIRO 2023 |
|
VIVEIRO 2022 |
|
VIVEIRO 2022 |
|
PONTE DA MISERICORDIA
|
|
PONTE DA MISERICORDIA |
|
VIVEIRO |
|
COLEGIO LOIS TOBIO Y AL FONDO LODEIRO |
|
PASEO DE VIVEIRO |
|
CRUZ ROJA Y ALA FONDO LODEIRO |
|
A VARIANTE DE VIVEIRO |
|
VIVEIRO DESDE LA CARRETEDA DE O PIRIXEL 2022
|
|
CIUDAD DE VIVEIRO 2021
| VIVEIRO AÑO 2000
|
|
|
PLAZA DA FONTENOVA |
|
JARDINES DE VIVEIRO |
|
PLAYA DE COVAS |
|
CONVENTO DE SANTA MARIA |
|
JARDINES DE VIVEIRO 2020 |
|
JARDINES VIVEIRO |
|
SANTA MARIA |
|
AVENIDA CERVANTES |
|
PLAZA DE ABASTOS 2020 |
|
VIVEIRO 2020 |
|
PORTA CARLOS V 2020 |
|
CASAS HOBBIES EN GALDO 2020 |
|
CASAS HOBBIES EN GALDO 2020 |
|
CASAS HOBBIES EN GALDO 2020 |
|
ANTIGUO CONCELLO DE VIVEIRO 2020 |
|
VARIANTE VIVEIRO 2020 |
|
VARIANTE VIVEIRO 2020 |
|
PONTE DA MISERICORDIA 2020 |
|
PASTOR DIAZ 2020 |
|
PASTOR DIAZ 2020 |
|
CASETA GUARDAMUELLES 2020 |
|
CASETA GUARDAMUELLES 2020 |
|
PORTA CARLOS V 2019 |
|
VIVEIRO DESDE MONTE CASTELO 2019 |
|
PONTE MISERICORDIA 2019 |
|
PUENTE DE FEVE 2019 |
|
HOTEL VENECIA HOY CONSERVATORIO MUSICA |
|
HOTEL VENECIA HOY CONSERVATORIO MUSICA |
|
HOTEL VENECIA HOY CONSERVATORIO MUSICA |
|
PUENTE DE FEVE 2019 |
|
PASEO JARDINES VIVEIRO 2019 |
|
PUENTE DE FEVE 2019 |
|
PALCO MUSICA 2019 |
|
PONTE MISERICORDIA 2019 |
|
PONTE MISERICORDIA 2019 |
|
PONTE MISERICORDIA 2019 |
|
DISCOTECA VERXELES 2010 |
|
PONTE MISERICORDIA 2019 |
|
CALLE VINOS VIVEIRO 2019 |
|
VIVEIRO 2019 |
|
VIVEIRO 2019 |
|
PORTA DA VILA 2019 |
|
RIA DE VIVEIRO 2019 |
|
RIA DE VIVEIRO 2019 |
|
PUENTE DA MISERICORDIA 2019 |
|
PUENTE DA MISERICORDIA |
|
PRAZIÑA DA HERBA |
|
VIVEIRO |
|
VIVEIRO |
|
RIA DE VIVEIRO |
|
VIVEIRO |
|
PARQUE PERNAS PEON |
|
VIVEIRO |
|
VIVEIRO |
|
CIUDAD VIVEIRO |
|
CIUDAD VIVEIRO |
|
MUELLE DEPORTIVO |
|
CIUDAD VIVEIRO |
|
MUELLE DEPORTIVO |
|
ACCESO PUENTE MISERICORDIA |
|
ACCESO PUENTE MISERICORDIA |
|
VIVEIRO |
|
VIVEIRO |
|
CELEIRO DESDE VIVEIRO |
|
COVAS DEDSDE VIVEIRO |
|
CIUDAD VIVEIRO |
|
CIUDAD VIVEIRO |
|
CIUDAD VIVEIRO |
|
VIVEIRO DESDE MONTE CASTELO |
|
CASINO DE VIVEIRO |
|
ANTIGUO HALEI AHORA GADIS |
|
CAMPO CEMBEDO Y PARQUE COVAS |
|
HOTEL VENECIA |
|
PUENTE DA MISERICORDIA |
|
PUENTE DA MISERICORDIA |
|
HOTEL VENECIA |
|
PORTA DO VALADO |
|
PESCADERIA VIVEIRO |
|
PASEO DE COVAS |
|
PASEO DE COVAS |
|
CIUDAD VIVEIRO |
|
CASA DE GUARDAMUELLES |
|
CASA DE GUARDAMUELLES |
|
PUENTE DA MISERICORDIA |
|
PUENTE DA MISERICORDIA |
|
HOTEL VENECIA AL FONDO |
|
HOTEL VENECIA |
|
HOTEL VENECIA |
|
HOTEL VENECIA |
|
JARDINES VIVEIRO |
|
HOTEL VENECIA |
|
VIVEIRO |
|
PASEO DE VIVEIRO |
|
HOTEL VENECIA |
|
PASEO DE VIVEIRO |
|
VISTA DE O PARAISO |
|
CIUDAD VIVEIRO |
|
CIUDAD VIVEIRO |
|
CIUDAD VIVEIRO |
No hay comentarios:
Publicar un comentario