Coordenadas: 43°39′42″N 07°35′40″
O (mapa)
Igrexa de Santa María do Campo.
Igrexa de Santa María do Campo.
A igrexa de Santa María do Campo é un templo relixioso situado en Viveiro, na provincia de Lugo. Está situada na parte máis alta do casco histórico, xunto ao Convento das Concepcionistas.
Historia
É a igrexa máis antiga da vila.
É de estilo románico, seguramente construída no século XII, se ben non se coñece con exactitude a data de construción. Segundo o Libro de actas do Concello, esta basílica remóntase a unha época antiquísima na súa construción e tan difícil de descubrir que se perde na historia dos séculos.
Arquitectura
A fachada principal consta de 4 arquivoltas semicirculares, apoiadas as interiores sobre tres columnas.
Catro pasos ofrecen o acceso ao templo. Sobre a portada hai un tornachoivas, e sobre el un rosetón.
A fachada termina en punta de dúas vertentes e está coroada por unha cruz. Ten aos lados dúas torres cuadrangulares, rematadas en forma de campá.
Na da esquerda está situado un reloxo e na da dereita o campanario con tres campás.
A planta é de forma basilical, con tres naves separadas por columnas: a central de seis metros de ancho e as laterais de tres. O templo posúe magníficos ornamentos e ourivaría, destacando a gran cruz procesional, que data do século XVI
VIRGEN DEL CONVENTO DE SANTA MARIA AÑO 1921 |
SANTA MARIA |
No hay comentarios:
Publicar un comentario